Español | Galego
maxiamarin 2008

MaxiaMarín 2008

No ano 2008 celebrouse a sexta edición do festival MaxiaMarín durante os días 21, 22 e 23 de marzo. Este ano produciuse unha innovación escénica: a Carpa Máxica converteuse en Teatro Máxico, cunha decoración interior inspirada nos antigos teatros de maxia do século XIX.
Empeza a notarse a evolución dos magos con números máis elaborados, e dos medios escénicos, que están a ser mellorados. Séguese mantendo o modelo de días dedicados á Maxia de Preto, de Salón e de Escena, así como un curso de maxia.
Os magos participantes foron: Mago Vituco, Martín Camiña, Dani García, Javier Muro, Kiko Pastur, Cayetano Lledó, Mago Pablo e Mago Romarís.
O festival segue a contar co favor do público.

Prensa e Medios

prensa 2008 prensa 2008 prensa 2008

Fotos

foto 2008
©Mago Romarís | Aviso Legal | Deseño: Ático I Creativos