Español | Galego
maxiamarin 2006

MaxiaMarín 2006

No ano 2006 tivo lugar a cuarta edición do festival MaxiaMarín, os días 14, 15 e 16 de abril, seguindo o modelo do ano anterior. O venres dedicado á Maxia de Preto, con seis actuacións na Carpa Máxica. O sábado dedicouse o día á Maxia de Salón, e realizáronse tamén seis actuacións na Carpa Máxica. O domingo foi o día da Maxia de Escena, cunha gala no Escenario. Realizoue unha actuación en cada unha das Casas de Cultura: San Tomé, Seixo, San Xulián, Mogor e Campo. Ademais, impartiuse un curso de maxia.
Os magos participante foron: Mago Vituco, Mago Richard, Mago Teto, Kiko Pastur, Mago Antón, Mago Norberto, Magomimo Anyo, Trasno e Mago Romarís.

Prensa e Medios

prensa 20060
©Mago Romarís | Aviso Legal | Deseño: Ático I Creativos