Español | Galego
maxiamarin 2009

MaxiaMarín 2009

En 2009 celebrouse a sétima edición do festival MaxiaMarín, durante os días 10, 11 e 12 de abril.
O festival continúa vivindo a evolución dos magos como artistas, e tamén dos medios escénicos. Mellórase o Escenario no seu aspecto e estréanse novos medios de iluminación: catro focos robotizados e un canón de luz, que lle dan máis presenza á gala de escena.
Séguese o modelo de dedicar cada día a unha modalidade diferente: Maxia de Preto, de Salón e de Escena.
Por primeira vez participa unha maga, Jéssica, que vén desde Las Palmas de Gran Canaria.
Participan magos de fóra de Galicia, como Miguelillo, de Salamanca, e Yurgen, de Francia.
Os magos participantes foron: Mago Vituco, Mago Richard, Martín Camiña, Cayetano Lledó, Jéssica, Miguelillo, Yurgen e Mago Romarís.
O público segue a encher as actuacións.

Prensa e Medios

prensa 2009 prensa 2009 prensa 2009

Fotos

foto 2009 foto 2009 foto 2009
foto 2009 foto 2009
©Mago Romarís | Aviso Legal | Deseño: Ático I Creativos