Español | Galego

Antonio Romarís, director, produtor...

"Toda gran PRODUCIÓN precisa unha boa DIRECCIÓN"

Antonio Romarís conta cunha dilatada experiencia na produción e na dirección de espectáculos de maxia. Colaborou na organización e mais na produción do coñecido "Festival Internacional de Ilusionismo Compostela Máxica” e formou parte do comité organizador do “Congreso Mágico Nacional de Magia 2010”. Como directivo da asociación Magos Profesionais de Galicia dirixiu numerosos festivais en colaboración con organismos públicos, como o XACOBEO e o AGADIC.

Romarís colabora habitualmente cos Concellos de Galicia, coa Deputación da Coruña e coa Xunta de Galicia. Espectáculos propios como “Por Arte de Maxia”, “Triunfos Copas” e “A Carpa Máxica” foron presentados con éxito ante milleiros de persoas.

Tamén produce e dirixe o festival máxico “MaxiaMarín”. Este festival, de tres días de duración, pioneiro en Galicia, vénse representando cada Semana Santa desde o ano 2003 no Concello de Marín.

 

Romarís: mago
©Mago Romarís | Aviso Legal | Deseño: Ático I Creativos