Español | Galego

Sentir e Vivir a Maxia

Maxiamarín é o nome do Festival de Maxia que cada ano organiza o Concello de Marín (Pontevedra). Dende o seu comezo no ano 2003, as labores de dirección e produción correron a cargo do Mago Romarís. O evento conta tamén coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.

Ver vídeo 2011

A asistencia de público a cada unha das actividades do festival é desbordante. Os shows repártense polo concello en tres localizacións diferentes: O Castelo Máxico, as cinco Casas de Cultura do Concello e O Escenario do Mago Romarís.

Durante os 3 días que dura cada edición, o público literalmente abarrota cada unha das actuacións que se celebran. Dedícase cada día a unha modalidade de maxia diferente: o venres, Maxia de Cerca; o sábado, Maxia de Salón; e o domingo, a Maxia de Escena, sendo o broche final a Gran Gala que se celebra na Alameda da Cidade.

Esta formulación, establecida en base aos 3 xéneros da maxia (cerca, salón, escena) brinda unha oferta variada para que o espectador poida sentir e vivir a maxia en todos os seus estados, formas e xeitos. Ademais, para os máis seareiros, impártese un curso de maxia durante o transcurso do festival.

©Mago Romarís | Aviso Legal | Deseño: Ático I Creativos