Compostela Máxica é o nome do Festival de Ilusionismo que se celebra en Santiago de Compostela. Un evento de talla internacional que goza actualmente de gran fama e soleira dende o inicio da súa andadura no ano 2007.
Tras colaborar activamente na produción nas primeiras edicións, será na 5ª edición do Festival (2011), cando o Mago Romarís tome o control definitivo da produción e dirección do evento, xunto co Mago Antón e o Mago Vituco.
A participación de magos internacionais de recoñecido prestixio, foi dende o seu inicio un obxectivo a seguir, culminando en cada edición unha oferta de 6 días de espectáculos de calidade e variados.
En canto ao espírito innovador do Festival, destaca a presenza de formatos sorprendentes. A aparición do Castelo Máxico no súa 5ª edición, situado na Alameda de Santiago, convocou gran cantidade de público ao ofrecer numerosos pases de maxia diarios nun formato orixinal e novo.
+info: www.compostelamaxica.com