Español | Galego

Como naceu
O Castelo Máxico?

O Castelo Máxico é o resultado da evolución da Carpa Máxica. Este proxecto naceu no ano 2002 co obxectivo de:

  • Ofrecer un espazo escénico único, onde poder presentar espectáculos de maxia de salón e de preto nas mellores condicións.
  • Xerar expectación no público
  • Darlle alto valor á arte escénica da maxia.
  • Contar coa presenza da maxia nas programacións culturais e nos programas de festas, como actividade salientable.

Desde o comezo, o público acolleu con entusiasmo esta iniciativa e encheu o aforo en todas as funcións representadas. Varios milleiros de persoas puideron ver espectáculos de maxia na Carpa Máxica, vivilos e gozar con eles, pasando a formar parte dos numerosos seguidores que temos en Galicia.

O Castelo Máxico

A Carpa Máxica: época anterior ao Castelo Máxico

©Mago Romarís | Aviso Legal | Deseño: Ático I Creativos